Chega a Marín a campaña de información e sensibilización ‘Agresión Off’

A carpa instálase nos concellos galegos que forman parte da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero
Carpa informativa de 'Agresión Off'. DP
photo_camera Carpa informativa de 'Agresión Off'. DP

A Alameda de Marín acolleu este sábado a campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, que está a percorrer a xeografía da comunidade.

Así, a carpa informativa instálase nos concellos galegos que forman parte da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero e que solicitaron participar nesta iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade.

Comentarios