A Xunta licita por 320.000 euros traballos no castro de Montealegre, en Moaña

Faranse traballos de reexcavación, restauración, limpeza, acondicionamento e sinalización

El castro de Montealegre.GOOGLE MAPS
photo_camera O castro de Montealegre.GOOGLE MAPS

A Xunta de Galicia publicou este luns a licitación, por 320.000 euros, das obras para a posta en valor do castro de Montealegre, un conxunto arqueolóxico situado na parroquia de strong <>Domaio, en Moaña.

As actuacións inclúen labores de limpeza, reexcavación arqueolóxica, consolidación e restauración das estruturas, documentación e limpeza de petróglifos, e acondicionamento e sinalización dos accesos.

Os primeiros traballos neste conxunto protexido (incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia) realizáronse entre 1925 e 1626, por un equipo dirixido por Antón Losada Diéguez. Posteriormente, con motivo da construción do Corredor do Morrazo, volveuse a intervir neste conxunto, con sondaxes e escavacións realizadas en 2004.

Entre 2016 e 2017 realizáronse novas actuacións, debido ao desdobramento do corredor para convertelo nunha autovía. Os traballos permitiron conservar 'in situ' a totalidade dos restos pero só fixéronse actuacións puntuais de conservación, polo que algunhas estruturas presentan problemas de estabilidade.

Por iso, coa licitación publicada este luns, preténdese abordar un estudo previo da zona (no que se revisará a documentación bibliográfica e documental das escavacións anteriores), para redactar o proxecto de posta en valor, que inclúe a reexcavación, limpeza e retirada de vexetación.

Tamén se traballará sobre os petróglifos existentes e acondicionarase un camiño de acceso, coa plantación de especies autóctonas, e construiranse dous portais de entrada para peóns.

Comentarios