A Xunta nega que se rexeitasen as alegacións dos veciños de Sabarigo

O proxecto da PO-551 aínda está en fase inicial e non se respondeu a ningunha proposta

La conselleira, Ethel Vázquez. DP
photo_camera A conselleira, Ethel Vázquez. DP

Non se fixeron oídos xordos. Iso é o que explicou este xoves a Xunta de Galicia con respecto ao comunicado dos veciños de Sabarigo, na parroquia de Cela, no que achacaban á Consellería de Infraestruturas ignorar" as alegacións que realizaron ao proxecto de humanización e de mellora da seguridade viaria da PO-551.

Fontes de Infraestruturas aseguraron este xoves que non se respondeu ás alegacións porque aínda se están estudando todas as propostas recibidas e valorando cales son as máis idóneas e materialmente realizables, que serán as que finalmente pasen o corte. Así, poida que algunhas, ou incluso todas, as alegacións dos veciños de Sabarigo, entre as que destacan a creación de máis pasos de peóns ou a ampliación da senda peonil ata Agrelo, sexan escoitadas.

OUTRAS ACTUACIóNS. Doutra banda, a Xunta renovou este xoves os traballos de execución de catro pasos de peóns sobreelevados e dun tramo de beirarrúa na estrada PO-315, ao seu paso polo núcleo de Bueu.

Esta intervención, cuxas actuacións iniciais se realizaron o pasado mes de xuño e que se interromperon no verán para evitar problemas no tráfico, dispoñen dun orzamento de máis de 48.000 euros e prevese que estean terminados en outubro.

Así mesmo, a AXI está a tramitar nestes momentos as alegacións presentadas ao proxecto de supresión duns tramos de concentración de accidentes no tramo da PO-551 que comunica Marín con Rande, ao seu paso tamén polo núcleo budetense.

Comentarios