Alarma entre os veciños de Ribadumia por un incendio provocado nun coche

Os feitos ocorreron ao fío das seis desta madrugada
Un miembro de la Guardia Civil. DP
photo_camera Un miembro de la Guardia Civil. DP

Un lume provocado nun turismo causa a alarma entre os veciños da ruela de O Loureiro, enRibadumia, e motiva a mobilización dos bombeiros do parque comarcal.

Os feitos ocorreron ao fío das seis desta madrugada, tal e como relataron as persoas que chamaron ao 112 Galicia tras observar o incendio incipiente no vehículo e unha discusión entre dúas persoas.

Efectivamente, segundo puido explicar o afectado aos axentes da Garda Civil, alguén espallou combustible sobre un coche e prendeu lume. Por fortuna, ninguén resultou ferido, e os axentes de seguridade investigan agora como se desenvolveron os feitos.

Pola súa banda, os Bombeiros de Ribadumia acudiron tras o aviso do 112 Galicia, pero á súa chegada o lume estaba apagado debido ao uso dun extintor. O incendio afectou a un foco do coche e á grella.