O alcalde de Vilanova: "Quero que un xuíz diga se neste país hai liberdade de expresión ou non"

A Deputación anunciou denunciar a Gonzalo Durán polos seus comentarios sobre Carmela Silva

O rexedor de Vilanova, Gonzalo Durán, mostrou este xoves "estar encantado" pola decisión da Deputación de Pontevedra de levar aos xulgados as súas declaracións sobre a presidenta do organismo provincial. Durán será denunciado por un delito de incitación ao odio ao referirse a Carmela Silva como "chacha para todo".

"Eu quero que un xuíz diga se neste país hai liberdade de expresión ou non", dixo Durán que non volverá facer declaracións respecto diso ata que haxa unha resolución xudicial.

O alcalde incide en que a decisión da Deputación trátase dunha "cortina de fume" e acúsaa de "desviar do fondo para os pequenos concellos 30 millóns de euros para beneficiar ao Concello de Vigo". Unha situación, di, que levan sufrindo desde hai tres anos e medio e que lle levou ao municipio de Vilanova a perder 3.200.000 euros.

Comentarios