Aparatoso accidente en Cambados ao envorcar un coche en Ribeira de Fefiñáns

A condutora saíu ilesa
Coche accidentado. EMERXENCIAS CAMBADOS
photo_camera O coche accidentado. EMERXENCIAS CAMBADOS

Unha condutora saíu ilesa dun aparatoso accidente de tráfico ocorrido na madrugada deste sábado na rúa Ribeira de Fefiñáns de Cambados. A muller perdeu o control do seu coche e chocou contra outro que estaba estacionado, acabando o seu vehículo envorcado en metade da calzada. Afortunadamente, non sufriu dano algún.

Na intervención colaborou a Garda Civil de Cambados.

Comentarios