Aparece aforcado nunha praia da Illa un veciño condenado por narcotráfico

O Supremo ratificou a finais de setembro a condena a nove anos de prisión para Juan Ramón A.D. por intentar introducir cocaína en dous colectores de peixe a través do porto de Marín 
Playa Area da Secada, en A Illa de Arousa. DP
photo_camera Playa Area da Secada, en A Illa de Arousa. DP

O veciño da Illa condenado por narcotráfico foi achado morto na mañá do luns na praia de Area da Secada da localidade arousá.  Un alumno que se dirixía ao próximo Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) descubriu o corpo do falecido, Juan Ramón A.D., de 63 anos, colgado da torre que utilizan os socorristas da praia. 

O alumno deu aviso de inmediato á Policía Local, quen á súa vez puxo o caso en coñecemento da Garda Civil. 

Dáse a circunstancia de que a finais do pasado mes de setembro o Tribunal Supremo confirmara a condena a nove anos de prisión e o pago dunha multa de 17 millóns de euros a Juan Ramón A.D. pola súa participación no intento de introducir media tonelada de cocaína en dous colectores de peixe conxelado a través do porto de Marín. Os individuos simularon operacións comerciais que tiñan por obxecto a importación de conxelados a través dunha empresa de Viveiro.

O caso fora xulgado en 2019 pola Audiencia Provincial de Lugo, quen dito sentenza de culpabilidade para o arousán.  Juan Ramón A. D. e os outros catro implicados na operación presentaron recurso ante o Tribunal Supremo, que a finais mes de setembro ratificou a condena a 9 anos de cárcere aínda que rebaixou a multa desde os 70 millóns de euros impostos inicialmente pola Audiencia Provincial a algo máis de 17 millóns.