As atraccións poderán instalarse en Portonovo entre os días 14 e 18

A localización será a habitual, pero o Concello de Sanxenxo advirte de que non permitirá a súa presenza once xornadas, como estaba a suceder
Sardiñada de las Festas de Portonovo. CEDIDA
photo_camera Sardiñada das Festas de Portonovo. CEDIDA

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, reuniuse cun grupo de veciños de Portonovo a petición deste colectivo. A reunión, celebrada o día 9, serviu para aclarar malentendidos, un resultado ao que contribuíron "a interlocución e flexibilidade que non mostraran a comisión de festas e os feirantes" nas tres mantiveron co Goberno local.

Onte reuníronse de novo o Concello e os veciños, e o Goberno local sinala que lles confirmou que autoriza a instalación das atraccións onde viña sendo habitual", pero cunha condición: só durante os cinco días das festas, os comprendidos entre o 14 e 18. é unha oferta "que xa fixemos no seu momento e que foi rexeitada pola comisión de festas e os feirantes, que viñan instalándose en Portonovo durante once días", recorda.

O Concello afirma non entender o motivo polo cal as atraccións se instalaban con tanta antelación ás festas, e agrega que na reunión cos veciños de Portonovo "quedou patente que a maioría tampouco". Ante esta situación considera que a razón non pode ser outra que o interese dos feirantes e da comisión.

As Festas de San Roque, cun orzamento superior aos 180.000 euros, levarán seis orquestras a Portonovo

De face ás próximas edicións, o Concello anuncia que as atraccións se instalarán "só os días que duren as festas". As Festas de San Roque contan cun orzamento de 182.000 euros, dos que 152.388 proceden das arcas municipais, unha cantidade que foi incrementada con 22.000 (un 16%) en relación coa anterior edición. O resto, case 30.000, xéranse a través dos pagos dos responsables das atraccións, a publicidade e outras actividades.

Entre as principais actividades figuran as actuacións das orquestras A Ocaband, D'Moda, Fórmula Aberta, Pasarela, Ritmo Noite e o fin de festa, a cargo de Panorama. Tamén ten un seguimento masivo a tirada de fogos de artificio, que se celebrará o día 16, e non faltarán os pasacalles a cargo de grupos de gaitas, bandas de música e charangas.

Comentarios