viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Auxilian a un barco con oito persoas que quedou varado na Illa

Outra embarcación quedou sen motor no Grove

Efectivos de urxencias e salvamento auxiliaron a última hora da tarde deste xoves a unha embarcación con oito persoas a bordo que embarrancou na zona da Illa e a outra que quedou sen motor no Grove.

Segundo informou o 112 Galicia, a Ría de Arousa foi escenario este xoves de dous incidentes provocados polo varamento de dúas embarcacións sen que se rexistrasen persoas feridas.

Primeiro, na Illa de Arousa un barco con oito persoas a bordo quedou embarrancado nas proximidades da Toxa, polo que necesitou ser remolcado ata o porto deportivo da illa.

Á zona acudiu a Salvamar Sargadelos tras recibir o aviso do 112 Galicia cando estaban a piques de dar as 20,00 horas. Con todo, descartou intervir en canto comprobaron que o barco varado estaba a ser remolcado por outra embarcación.

Máis tarde, no Grove, pasadas as 21,00 horas, os membros do servizo local de Protección Civil acudiron á praia de Area Grande para recoller tamén unha embarcación que quedou sen motor.

Auxilian a un barco con oito persoas que quedou varado na Illa