Baiuca, Zoo, Ladilla Rusa e Lendakaris Mortos, confirmados para o Revenidas

A eles hai que sumar a Dubioza Kolektiv e a SFDK â?? O festival celebrarase en Vilaxoán de Arousa entre os días 7 e 11 de sepiembte de 2022 e este xoves abrirase a venda de entradas
Imagen de Baiuca. CEDIDA
photo_camera Imaxe de Baiuca. CEDIDA

Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Zoo, Ladilla Rusa e Lendakaris Mortos son as seis primeiras confirmacións para o cartel do festival Revenidas 2022, que se celebrará en Vilaxoán de Arousa entre os días 7 e 11 de setembro.

Os organizadores destacan que se trata dun cartel "heteroxéneo" para un festival que esperan que poida ser "normalizado" tras a pandemia, recuperando actividades suspendidas este ano como a zona de acampada e a 'sardiñada' popular.

Revenidas ofrecerá así ao público a combinación de sons electrónicos e de música tradicional galega de em <>Baiuca ou a festiva e delirante fusión de hip-hop, reggae, dub, rock e folclore de Bosnia que propón Dubioza Kolektiv.

Dubidoza

Ademais, estarán no festival pontevedrés SFDK, unha das grandes referencias do rap español; o desenfadado electropop de em<> Ladilla Rusa, o punk vándalo e comprometido de em <>Lendakaris Mortos; ou a combinación de rap con música electrónica e ritmos mediterráneos que caracteriza aos valencianos Zoo.

lendakaris mortos

Nos próximos meses, a organización de Revenidas irá dando a coñecer o resto dos nomes e das actividades que conformarán o festival no 2022. Ao resto das bandas iranse incorporando ao cartel, o festival prevé sumar o programa de actos paralelos que se desenvolverán nesas datas, entre elas, o festival de circo ou as xornadas e actividades ao redor da cultura mariñeira. 

                                                    Venda de entradas
Abrirase o vindeiro xoves día 23 ás 12.00 horas. As cen primeiras custarán 35 euros, e os duascentas restantes, 40. 

Poderanse adquirir a través da webe as persoas que teñan o Bono Cultura poderano utilizar e conseguirán un 50% de desconto. 

Comentarios