Caballero proporá a Renfe unha terceira frecuencia de tren Vigo-Madrid con parada en Vilagarcía

A demanda sería o condicionante principal desta acción
Un tren.AEP
photo_camera Un tren Alvia.AEP

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proporá a Renfe que estableza unha terceira frecuencia da liña Vigo-Madrid "se hai demanda" e, nese caso, con parada na estación de Vilagarcía de Arousa, segundo avanzou en rolda de prensa.

O rexedor, que este martes se reunirá co presidente de Renfe, Isaías Táboas, explicou que lle transmitirá as súas propostas para as conexións ferroviarias da cidade coa capital de España: dúas frecuencias polo Miño co traxecto Vigo-Pontevedra-Madrid sen pasar por Santiago e "nin sequera rozar" a estación compostelá.

A maiores, e no caso de que "haxa demanda", expuxo que haxa un terceiro tren que faga unha parada en Vilagarcía e, desde aí diríxase a Ourense e logo a Madrid. "Queremos facer este xesto con Vilagarcía", apuntou.

No entanto, precisou que estas propostas (que "en ningún caso" supoñen pasar por Santiago "nin cambiar de tren") son para un escenario "provisional", xa que os vigueses viaxarán no futuro a Madrid nun tren Ave directo "por Cerdedo", por unha variante para a que xa está a facer o estudo hidrogeológico.

Comentarios