jueves. 09.07.2020 |
El tiempo
jueves. 09.07.2020
El tiempo

A caducidade da licenza da 'casa pantasma' de Progreso chega ao BOE

A estrutura abandonada de Progreso. GONZALO GARCÍA
A estrutura abandonada de Progreso. GONZALO GARCÍA
A estrutura foi denunciada polos veciños pola presenza de ratas e pulgas ao atoparse nunha situación de total abandono

As licenzas de construción da estrutura do edificio situado á altura da rotonda de Arnelas están oficialmente caducadas. Así o fixo público o Boletín Oficial do Estado (BOE) con data do 12 de febreiro, despois da resolución da Alcaldía de Sanxenxo o pasado 23 de xaneiro. O trámite forma parte das medidas adoptadas polo Concello para responder ás denuncias pola falta de salubridade da construción, onde os veciños denuncian a presenza de ratas, pulgas e outras evidencias de abandono que constitúen unha ameaza para a saúde pública.

A veciñanza das vivendas colindantes visibilizou en 2019 a situación na que se atopa a parcela actualmente, cuxo estado de abandono non fixo máis que empeorar dende a paralización das obras o mesmo ano no que lle foi concedida a primeira licenza aos propietarios.

PROCEDEMENTO. Situada no número 146 da rúa Progreso, a parcela obtivo a súa primeira licenza municipal en 1993, ano no que se ordenou, posteriormente, a suspensión das obras por non respetar a distancia coas colindantes, sobrepasándose na altura e na ocupación do sótano, e por iniciar unha segunda pranta non contemplada no proxecto.

En 2011 concédese unha nova licenza para levar a cabo obras de demolición da estrutura existente. En 2015, o arquitecto municipal emitiu un informe no que sinalaba que, para legalizar a estrutura, debíanse acometer primeiro as obras de demolición requeridas. Ante a inacción dos propietarios, en 2019 incóase o expediente de caducidade de ambas licenzas.

Deste xeito, a primeira licenza autorizada pola Comisión de Goberno en 1993 xa non se adecúa á legalidade dado o grande transcurso de tempo que tivo lugar dende entón, segundo se indica no BOE. A licenza de 2011, pola súa parte, só garantía a legalización das obras despois de levar a cabo a demolición requerida, que nunca se chegaron a levar a cabo. Dado a nova legalidade urbanística e o transcurso de tempo entre esta segunda licenza, esta queda tamén anulada.

Unha vez notificados os donos por esta vía da caducidade de ambas licenzas, o Concello ábrese á posibilidade de seguir adiante con outras medidas de carácter subsidiario, como poderían ser as ordes de limpeza do inmoble.

A caducidade da licenza da 'casa pantasma' de Progreso chega ao BOE
comentarios