Campos seguirá no Náutico

O presidente do Real Club de Sanxenxo afrontará a súa sétima etapa no cargo, desde a súa primeira elección no ano 1999 ►"Trabajaremos con la misma ilusión", asegura
Pedro Campos, en el Náutico de Sanxenxo. CEDIDA
photo_camera Pedro Campos, no Náutico de Sanxenxo. CEDIDA

A xunta directiva comandada por Pedro Campos foi reelixida onte para seguir aos mandos do Real Club Náutico de Sanxenxo. Campos afrontará o seu sétimo mandato grazas ao apoio dos socios, que segue vixente desde a súa primeira elección, en 1999.

O directivo manifestou o seu agradecemento aos que lle apoiaron. "En primer lugar quiero agradecer a los socios su confianza para un nuevo periodo. A pesar de los muchos años transcurridos trabajaremos con la misma ilusión que desde ese primer día de 1999", comentou Campos na súa primeira intervención desta nova etapa.

Ademais, tamén quixo dar algunhas pistas sobre o labor que realizará nos vindieros anos. Neste sentido, resaltou a importancia do deporte principal do RCN, a vea, e da vida social da entidade. "Continuaremos desarrollando el deporte de la vela y las actividades sociales del club", afirmou.

PEDRO CAMPOS
""Continuaremos desarrollando el deporte de la vela y las actividades sociales del club"

Por mor das súas declaracións, pódese albiscar que esta nova etapa de Campos á fronte dunha das entidades con máis tradición da cidade costeira non terá moitos cambios e apostará por seguir na liña do que viña facendo. E é que o presidente tamén destacou que seguirán traballando cos organismos locais e do deporte da vela: "Continuaremos con la colaboración con los otros clubes náuticos, con las Reales Federaciones de España y Galicia y con las instituciones, especialmente el Gobierno de Galicia y el Concello de Sanxenxo".

Como punto final, expresou que un dos puntos importantes deste novo mandato seguirá sendo a promoción de Galicia e Sanxenxo a todo o público que poidan chegar: "Todo ello sin olvidarnos de nuestros patrocinadores privados. Mantendremos una estrecha colaboración y comunicación para continuar contribuyendo a la promoción del nombre de Galicia y de Sanxenxo en el mundo".

Tamén se anunciaron os membros da xunta directiva. A presidencia estará composta inicialmente polo presidente, Pedro Campos e o vicepresidente César Elízaga. O comodoro será Joaquín Ariza e estará acompañado por Luís da Pena como vicecomodoro. A área de secretaría estará formada por Isidoro Sabell como titular e Modesto Prieto como vicesecretario. No monetario, Jaime Muntaner presidirá a tesourería e Carlos Casas será o contador. Para rematar, os vogais serán Mo O Husseiny, Raúl López, Félix da Rúa, Fernando Casas e Mauricio Sánchez-Bela.

Comentarios