As canas mellor tiradas de España sérvense na cervexería O Encontro de Ribadumia

O subcampión do Campionato Nacional Estrela Galicia de Tiraje de Cervexa, foi Miguel Pampín, da Cafetería Ramallosa nesa localidade pontevedresa
Gustavo Rey, de la cervecería O Encontro de Ribadumia, ganador del Campeonato Nacional Estrella Galicia de Tiraje de Cerveza. EP
photo_camera Gustavo Rey, de la cervecería O Encontro de Ribadumia, ganador del Campeonato Nacional Estrella Galicia de Tiraje de Cerveza. EP

Se á cervexería O Encontro, de Ribadumia, xa ían clientes preguntando polas mellores canas cando Gustavo Rey gañou o título de mellor tirador de cervexa de Galicia, agora espera que ese frenesí aumente tras terse erixido este martes como Mellor Tirador de Cervexa de España en SalónGourmets.

Contentísimo polo triunfo, Rey recoñeceu que foi un concurso "con moita tensión" no que todos cometeron fallos, pero todo ten a súa recompensa: "Desde a vitoria no campionato galego vén xente ao meu local preguntando polas mellores canas, así que este premio seguro que ten aínda máis repercusión".

O subcampión do Campionato Nacional Estrela Galicia de Tiraxe de Cervexa, foi Miguel Pampín, da Cafetería Ramallosa nesa localidade pontevedresa, mentres que o premio accésit do xurado foi para Fernando da Fouce, do Raso, en Collado Villalba (Madrid); Fátima Coello, de Leira Montesqueiro (A Coruña) e Carlos Valdivieso, de Valdivieso (Madrid).

Os doce hostaleiros aspirantes, gañadores de certames rexionais previos en diferentes comunidades autónomas, tiveron que demostrar nesta final a súa eficacia tirando canas, servindo cervexa de botella, servizo de bandexa e coñecemento e cultura sobre o mundo cervexeiro nun tempo limitado. 

A dotación económica para o gañador foi de 1.000 euros, mentres que o subcampión recibiu 600 e entregáronse tres accésit de 150 euros. 

comentarios