A Cemma abre a súa campaña de monitorización de cetáceos, aberta ao público

Calquera persoa pode participar independentemente dos seus coñecementos sobre o mar

Campaña de avistamiento de cetáceos. EP
photo_camera Campaña de avistamiento de cetáceos. EP

A coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) recupera a actividade de monitorización de cetáceos, que levará a cabo entre os meses de maio a setembro en toda a costa da comunidade. No ano 2018 lanzou a proposta dos Embarques participativos-EP con grande éxito de convocatoria, pois permitiu a realización de 12 embarques nos portos de Vigo e o Grove na que se implicaron case 100 persoas. Agora quere recuperar esa iniciativa para incorporar información sobre a presenza e distribución dos cetáceos. "Contaremos coa participación d@s asociad@s e voluntariado da Cemma, así como de público en xeral, a gastos compartidos, que se incorporen á campaña", explica a organización nun comunidado.

Calquera persoa pode participar independentemente dos seus coñecementos sobre o mar, cetáceos ou campañas. Iso si, a campaña está limitada a menores entre 12 e 18 anos que veñan acompañados.

Están propostas 25 xornadas dende os portos de Vigo, Portonovo, O Grove, Fisterra e Foz, en diferente tipo de plataformas, cunha periodicidade dun embarque mensual en cada porto.

Podese consultar toda a información das campañas na web http://www.cemma.org/embarcate.htm ou enviando un correo a [email protected]

Comentarios