O Centro de Información á Muller de Sanxenxo recibiu 290 consultas ata xullo

Realizáronse varias campañas contra a violencia de xero
 
Centro de Información á Muller de Sanxenxo. ARCHIVO
photo_camera Centro de Información á Muller de Sanxenxo. ARQUIVO

O Centro de Información á Muller (CIM) contabiliza 290 consultas nos sete primeiros meses do ano. Os casos atendidos están relacionados coa atención psicolóxica, 132, co asesoramento xurídico, 78, a asistencia a vítimas de violencia de xénero, 59, e 1 coa orientación de emprego e 19 sobre recursos. E é que a pesar da alerta sanitaria polo Covid-19, este departamento seguiu prestando servizo telefonicamente, mentres non foron posibles as atencións presenciais.

Ademais, ao longo do ano desde o Centro de Información á Muller, cuxas dependencias se sitúan no Centro Municipal de Servizos Sociais, en Portonovo, puxéronse en marcha varias campañas e actividades financiadas a través do Ministerio de Igualdade e a Secretaría de Estado e Igualdade contra a Violencia de Xénero como a Ruta de Igualdade, iniciada o pasado 8 de marzo, e que segue vixente con dez reseñas de mulleres galegas pioneiras en distintos ámbitos en lugares emblemáticos do municipio.

A loita contra a violencia de xénero concentrou gran parte dos esforzos do CIM con campañas como a de Promoción de Igualdade e contra condutas machistas ou a realizada contra a violencia de xénero no deporte en colaboración cos equipos de fútbol de Sanxenxo na que se colocaron catro lonas coa lema Contra a violencia machista no deporte.
Os IES tratarán a prevención de condutas machistas
Os Bolechas van ao CIM de Sanxenxo foi outra das iniciativas levadas a cabo este ano desde o Centro de Información á Muller. Unha guía informativa sobre o CIM de Sanxenxo a través da cal se achegou o funcionamento e as súas actuacións aos centros educativos municipais.

Concentrada na prevención da violencia de xénero levou a cabo a campaña En negro contra as violencias, onde se repartiron folletos con mensaxe contra a violencia machista en establecementos comerciais e locais do Concello. Tamén as profesionais do CIM recibiron ao longo deste ano formación en terapia familiar sistémica especializada en intervención para mulleres que sufran violencia de xénero

CENTROS EDUCATIVOS. En setembro farase unha campaña específica para os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Vilalonga, o colexio Abrente e o IES Sanxenxo sobre prevención de condutas machistas. Se non se puidese levar a cabo de forma presencial realizarase telemáticamente, adaptándose ás circunstancias actuais e garantindo a seguridade sanitaria.

Comentarios