O CN Portonovo mergúllase nos deportes acuáticos

'Surfski' ou 'Kayaking' son algunhas das actividades que os socios da entidade podes gozar, tanto a nivel competitivo como de lecer
Edificio del Club Náutico de Portonovo. ANXO LORENZO
photo_camera Edificio del Club Náutico de Portonovo. ANXO LORENZO

O Club Náutico de Portonovo, xunto co Real Club Náutico de Sanxenxo, son unas das institucións con maior peso e valor no mundo dos deportes e actividades acuáticas de toda a costa sanxenxina.

A relación que mantén esta institución coa ría de Pontevedra é moi estreita, xa que desde a súa inauguración no ano 1992 sempre estivo na vangarda dunha oferta deportiva moi atractiva.

No Surfski Center Sipre, unha escola deportiva de Kaiak, desenvólvense diversas actividades que se clasifican en función de se teñen carácter de competición, turísticas ou ben de formación.

OFERTA. Nestas actividades mestúranse deportistas de elite con clientes do Surfski que queiran vivir a emoción da competición. Principalmente organízanse probas oceánicas en varias modalidades. O obxectivo destas actividades competitivas é consolidar A Lanzada Ocean Race no inverno para, desa forma, organizar varias regatas na primavera e no verán.

En cambio, para os turistas o enfoque das actividades é algo distinto. Céntranse máis na experiencia que na propia actividade deportiva. En concreto organízanse rutas marítimas que se desenvolven na ría de Pontevedra e que chegan ás inmediacións de Vigo ou de Arousa, onde se establecen tres tipos de niveis segundo a experiencia dos participantes.

En canto aos cursos de iniciación, pensáronse diferentes actividades para aqueles que tomen o seu primeiro contacto co Surfski ou o Kayaking. Nestas clases impártense as nocións básicas de equilibrio, embarque e estabilidade coa realización de desprazamentos curtos polas inmediacións do pantalán.

Comentarios