viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Os colectores soterrados chegan a Rafael Picou e á estrada da Lanzada

As obras de instalación das illas. CONCELLO
As obras de instalación das illas. CONCELLO
O Concello instala dúas novas illas dun total de 12 colectores con dispositivo mecánico, cun investimento total de 18.000 euros

Os colectores soterrados, unha das apostas do Concello de Sanxenxo nos últimos anos pola mellora destes elementos no municipio, acaban de chegar tamén á rúa Rafael Picó e á estrada da Lanzada. O Concello xa comezou a instalar dúas illas de colectores formadas por un total de 12 recolectores, seis en cada unha das áreas, para o depósito de vidro, cartón, plástico e RSU.

A instalación dos novos colectores ten un orzamento total de case 18.000 euros e conta cun dispositivo mecánico que, segundo indican desde o Goberno local, reducirá os custos de mantemento e mellorará o rendemento dos dispositivos.

Espérase que a instalación destas dúas novas illas conclúa a próxima semana, pasando así a formar parte da rede dos novos colectores soterrados e semisoterrados dos que xa dispón o municipio en varios puntos. Esta acción, tal e como sinalaron desde o Goberno local, enmárcase dentro da aposta pola "modernización dos puntos de recollida de residuos levadas a cabo ao longo deste ano en Portonovo e Sanxenxo". Neste sentido, o proceso, que xa estaba na axenda do Goberno local, acelerouse" por mor da covid-19 debido á importancia dunha "maior limpeza e hixiene".

Segundo aclara o Goberno local, e tal e como explicara o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, coa instalación dos primeiros dispositivos no municipio, os novos colectores "reducen os malos cheiros e facilitan a limpeza do espazo no que se sitúan". No caso dos soterrados, visualmente terán forma de caixa de correos exterior e reducirán o impacto na vía pública, utilizando menos espazo.

SANCIóNS. O Concello advertiu que incrementará o control e endurecerá as sancións a todos aqueles que deixen as bolsas de lixo fóra dos colectores. Tamén prestará especial atención aos abandonos de voluminosos na vía pública e pediu a colaboración veciñal para "axudar a identificar aos infractores". As sancións polo depósito deste tipo de residuos na rúa levan unha multa mínima de 600 euros, un importe que se pode incrementar se o infractor é recorrente. O Goberno local tamén recorda que o municipio dispón dun Punto Limpo en Padriñán e dun servizo de recollida de aveños ou voluminosos con atención de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, no teléfono 638 240 885 ambos os gratuítos e que teñen o obxectivo de evitar "os consecuentes problemas de salubridade e de mala imaxe" na vía pública.

Os colectores soterrados chegan a Rafael Picou e á estrada da Lanzada
comentarios