O Concello de Sanxenxo denuncia un intento de roubo na piscina municipal

Segundo informou o propio Concello de Sanxenxo, foron os empregados de mantemento quen descubriron o sucedido
La puerta forzada. CONCELLO
photo_camera A porta forzada. CONCELLO

O Concello de Sanxenxo interpuxo na mañá de onte unha unha denuncia na Garda Civil por un intento de roubo na piscina municipal durante a pasada madrugada.

Segundo informou o propio Concello de Sanxenxo, foron os empregados de mantemento quen descubriron o sucedido. Os empregados, que durante estes días están a realizar tarefas de mantemento nas instalacións, atopáronse ao acceder ao interior das mesmas con importantes danos na porta da oficina de dirección.

Ao parecer, os presuntos ladróns que quixeron cometer o roubo, intentaron acceder á oficina, pero sen éxito. Ao non conseguilo a primeira vez, desmontaron a fechadura e golpearon a porta cun taburete que se atopaba nas instalacións deixándoa practicamente inservible. A pesar diso, non lograron acceder ao interior, polo que o intento de roubo foi frustrado.

O Concello de Sanxenxo calculou que o arranxo da porta que intentaron forzar podería ascender, segundo os cálculos iniciais, a máis de 500 euros. Aparentemente, o acceso ao interior da piscina municipal realizouse sen forza, xa que nin as portas nin as fiestras apareceron danadas.

Comentarios