O Concello de Sanxenxo denuncia pintadas reivindicativas en módulos de praias

Pintadas en un módulo. CEDIDA
photo_camera Pintadas nun módulo. CEDIDA

Cinco módulos de praias sanxenxinas apareceron con pintadas con reivindicacións laborais nas súas fachadas. O goberno local valorou como "lamentable" que "a estas alturas calquera reclamación sindical, por máis lexítima que sexa, implique a deterioración do mobiliario ou bens municipais". Os danos destas pintadas cífranse en 29.000 euros, xa que o borrado "deixa a estrutura afectada e obriga a cambiar o laminado" en cada unha delas. Trátase de catro módulos "completamente novos" en Canelas, Paxariñas e Montalvo e outro en Areas Gordas.

O goberno local denunciará os feitos ante a Garda Civil e lamenta que "na actualidade se sigan producindo comportamentos que nunca tiveron xustificación, pero moito menos agora". "Todo o dereito de traballadores e sindicatos a reivindicar o que consideren oportuno, pero non á conta dos veciños de Sanxenxo que son quen teñen que pagalo", asegurou.

Comentarios