O Concello de Sanxenxo promociónase como destino turístico no Porto

Trátase dunha cidade especialmente importante para o concello pontevedrés, xa que é o principal emisor de turistas estranxeiros
undefined
photo_camera Participantes no workshop Galicia Meet Portugal en Oporto. DP

Sanxenxo participou esta semana no workshop Galicia Meet Portugal no Porto, impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia coa finalidade de mellorar a comercialización do turismo local no país luso. A coordinadora de Turismo de Sanxenxo, Romina Fernández, valorou moi positivamente os encontros mantidos con axentes de viaxes portuguesas.

A este workshop acudiu unha delegación de representantes do sector turístico de Sanxenxo acompañados da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. A acción de interese turístico impulsada no Porto contou coa participación dun total de 25 empresas galegas, a metade de aloxamentos turísticos, un 25% axencias de turismo e un 25% dedicadas á oferta complementaria.

O acto completouse coa proxección dun vídeo promocional e unha cea degustación.

Segundo apunta o Goberno local, con estes encontros trátase de mellorar a comercialización de Galicia como destino turístico a través de reunións de networking entre profesionais de empresas turísticas e entidades emisoras do norte de Portugal. "Un destino especialmente importante para Sanxenxo, xa que é o principal emisor de turistas estranxeiros", concreta.

Como no anterior workshop celebrado nas illas Canarias, sorteouse unha estancia para dúas persoas en Sanxenxo.

Comentarios