O Concello de Sanxenxo non recibiu ningunha petición para que se celebre unha novillada

Telmo Martín. DP
photo_camera Telmo Martín. DP

Polo menos ata o día de onte, na Casa Consistorial de Sanxenxo non foi presentada petición algunha para que poida celebrarse unha novillada neste municipio, e tendo en conta que hoxe é domingo e as oficinas permanecen pechadas, habería que agardar ata a próxima semana para verificar se alguén curso tal demanda.

Pero como a través das redes sociais está a divulgarse unha información en sentido contrario, o Goberno local deixou constancia, ao mediodía de onte a súa "negativa categórica" á hipotética autorización para que leve a cabo o espectáculo.

"Ata a data, non hai constancia de que se presentase solicitude ou documentación algunha ao repecto para a celebración dun evento desas características", subliña a Administración local na súa resposta.

No entanto, a través das redes circulan comentarios que expoñen que se poida tratar dun globo sonda lanzado por quen están interesados en levalo a cabo.

Comentarios