Conde e Durán falan sobre as novas actuacións no Mercado e o polígono de Baión

O alcalde vilanovés avoga por converter a planta do edificio da Praza que alberga o arquivo nun gastroespazo
Concello de Vilanova de Arousa. GONZALO AGRCÍA
photo_camera Concello de Vilanova de Arousa. GONZALO GARCÍA

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta semana co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, co que estudou novas actuacións conxuntas para continuar a potenciar a industria, o comercio e o emprendemento no municipio arousán.

Segundo explicou o alcalde, o Goberno local xa se está a enfocar na etapa "postcovid". Neste sentido, asegurou, "valoramos las nuevas obras que se van a hacer en el polígono de Baión y las industrias que se van a instalar allí, tanto la de Sogama como las grandes naves de congelados y logística". Tal e como explicou Durán, durante a reunión abordáronse as "posibilidades de crecimiento de empleo e industrias que se podrían montar". Ademais, ambos trataron as posibilidades de mellora das infraestruturas dese polígono, coa mellora do alumeado ata a rotonda de San Simón.

Co obxectivo de "potenciar el desarrollo de Vilanova", tamén trataron a reforma da Praza de Abastos, "ahora que tenemos sitio para trasladar el archivo municipal". Neste sentido, a idea pasa por modificar o edificio da Praza dándolle utilidade á pranta que agora mesmo alberga o arquivo, transformándoa nun gastroespazo. Así, dispoñibilizaríanse stands de comida para levar ou precociñada. Segundo Durán, o conselleiro comprometeuse a iniciar a redacción do proxecto para "ver que utilidades le damos, ya que todavía tenemos que tratar el tema con los comerciantes de la Plaza, para compatibilizar lo que hay en la primera planta con la planta baja. Es necesario hacer una reforma importante en una Plaza que tiene 50 años, ya que las costumbres y los modos han cambiado mucho", valorou o alcalde de Vilanova.

Comentarios