sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Cor, alegría e fantasía infantil polas rúas de Sanxenxo

Nenos e novos protagonistas no desfile de Sanxenxo. JAVIER CERVERA
Nenos e novos protagonistas no desfile de Sanxenxo. JAVIER CERVERA

Nenos e mozos foron os protagonistas do desfile-concurso do Entroido celebrado este mércores nas rúas de Sanxenxo. Os participantes concentráronse na a Avenida Rocafort, lugar no que comezou o percorrido ás 17.00 horas, que finalizou na Praza dos Barcos logo de pasar polo Paseo de Silgar.

Os compoñentes do xurado seguiron con atención o seu desenvolvemento antes de emitir os veredictos.

Javi. Entroido en Sanxenxo. Entroido

Os tres porquiños, Circo galego e Dulce de Carnavalo foron os tres mellores en categoría individual, e Zipi e Zape volven ao cole, Esto es todo, amigos e Piratas de Lego, en parellas. Na categoría de grupos de tres a dez compoñentes ocuparon o podio Loko Prix, Almorzo saudable e A volta a Sanxenxo, mentres que en máis dunha decena os premios foron para Soños da Anpa, Fantasía no bosque e Sacho power.Javi. Entroido en Sanxenxo. Entroido

Cor, alegría e fantasía infantil polas rúas de Sanxenxo
Comentarios