A cruz falanxista da igrexa de Santa Baia podería eliminarse aplanando a pedra

Iglesia de Santa Baia de Vilagarcía. GOOGLEMAPS
photo_camera Igrexa de Santa Baia de Vilagarcía. GOOGLEMAPS

Os técnicos que traballan na retirada do monumento falanxista situado na fachada principal da igrexa de Santa Baia (Vilagarcía) decidiron este mércores, cando se iniciaron de forma efectiva, cortar a coroa de loureiro para poder acceder mellor á cruz.

Polo que puideron comprobar, a cruz está moi incrustada, polo que é probable que decidan aplanar a pedra que a forma para despois tratar de integrala na parede, mantendo a sillería do mesmo.

As ancoraxes, de ferro, miden 25 centímetros. No entanto, o Concello indica que "é unha decisión que se tomará a medida que se avance nos traballos de restauración da fachada". Tamén sinala que os fragmentos da coroa serán catalogados e gardados.

Esta intervención é unha iniciativa do Goberno local de Vilagarcía, que conta cunha axuda procedente da Deputación de Pontevedra para financiala.

Comentarios