miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

A adega Mar de Frades planta tres variedades de uva descoñecidas

Antonio de Ron Pedreira, do CSIC, a enóloga e directora da adega, Paula Fandiño, e Carmen Martínez da MBG. CSIC
Antonio de Ron Pedreira, do CSIC, a enóloga e directora da adega, Paula Fandiño, e Carmen Martínez da MBG. CSIC
O CSIC estuda estes novos tipos, que non se cultivan en ningún outro lugar do mundo

Os viñedos da adega Mar de Frades no Salnés foron escenario da plantación de tres variedades de uva descoñecidas, que non se cultivan en ningún outro lugar do mundo e tampouco existen estudos agronómicos previos. é por iso que esta entidade colabora neste proxecto de investigación a cargo do CSIC, a través do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia. 

O obxectivo é explorar o potencial vinícola destas variedades de cara á elaboración de novos produtos. O acto celebrouse en Meis, coa a presenza de Antonio de Ron Pedreira, do CSIC, da enóloga e directora da adega, Paula Fandiño, e Carmen Martínez da MBG. 

"A pesar da diversidade xenética existente no mundo vitícola, con máis de 6.000 variedades, úsase un número moi reducido delas. De feito, unhas dez variedades ocupan máis da metade da superficie vitícola mundial", explicou Fandiño, quen incidiu na a importancia de reactivar "o interese" polas posibilidades das minoritarias. 

En total, inxertaranse unhas 1.000 plantas das tres variedades a estudo e de Godello que Mar de Frades xa ten plantada, xunto a outras 50 de Albariño, que serán monitorizadas con asignación de datos de forma individualizada. 

O estudo realizará, deste xeito, un seguimento completo de cada variedade desde o inicio da plantación e ensaios con diferentes sistemas de condución, poda e marcos de plantación. 

A adega Mar de Frades planta tres variedades de uva descoñecidas
Comentarios