Cultura xestiona a catalogación do xacemento de Adro Vello como Ben de Interese Cultural

Constitúe un dos restos da presenza romana no pasado máis destacados da comunidade
Yacimiento de Adro Vello. TURISMO RÍAS BAIXAS
photo_camera Xacemento de Adro Vello. TURISMO RÍAS BAIXAS

A Xunta de Galicia enviou este xoves aos órganos consultivos o informe que permitirá incoar o expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o xacemento romano de Adro Vello, situado na Praia do Carreiro (O Grove). é un traballo elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que detalla a súa importancia histórica, cultural e científica.

A información entregada ao Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega de Belas e a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela establece que a proposta se fundamenta na súa importancia dentro do panorama arqueolóxico, por ser un dos xacementos máis destacados de Galicia.

A proposta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade inclúe, ademais da zona escavada, o área comprendida ata o enclave granítico situado ao sur e a antiga fabrica de salgadura, ata a punta mariña que pecha a Praia do Carreiro e a súa ensenada.

Comentarios