Denuncian o abandono dunha camada en pleno espigón do Porto de Sanxenxo

2020091818014014922
photo_camera Os gatos abandonados no Porto de Sanxenxo. CEDIDA

Veciños e voluntarios do municipio de Sanxenxo denunciaron o abandono sistemático de animais de compañía, que nas últimas semanas se viu incrementado co abandono dunha camada de gatos en pleno espigón do Porto Deportivo. Trátase dun grupo de cinco gatos de dous meses e medio que foron atopados por unha das voluntarias que alimenta as colonias ferales do concello. Este colectivo do municipio tamén se fai cargo, en ocasións, da esterilización e desparasitación dos animais.

Segundo explican desde o colectivo, a voluntaria púxose en contacto coa Policía Local para derivar ao corpo as xestións oportunas tras a aparición dos animais, como o tratamento ou procura dun fogar. Os voluntarios, por indicación da Policía Local, procederon a recoller aos animais, xa que comezaban a dispersarse polas grutas do rompeolas do Porto.

"Unha vez que os recollemos volvemos dar aviso, e a Policía Local pídenos que os traslademos nós á clínica e deixan o aviso dado, pero cando chegamos, na clínica non sabían nada", denuncian as voluntarias, que piden máis atención ao tema por parte do Concello, e que agora buscan fogares para os animais, que adquiran o compromiso de esterilizarlos. Os interesados poden chamar ao 680 581 249.

Comentarios