Denuncian que a DomusVi de Ribadumia non fai test a usuarios con síntomas para "ocultar" brotes

Descenden a 29 os casos de coronavirus en residencias de maiores da área de Pontevedra 
Una trabajadora y una usuaria de una residencia de mayores, de la mano. AEP
photo_camera Una trabajadora y una usuaria de una residencia de mayores, de la mano. AEP

As residencias de maiores de Galicia suman esta semana un total de strong <>645 casos activos de covid-19, sete máis en comparación con hai sete días. O 40% dos positivos danse en centros situados na área sanitaria da Coruña e Cee.

Trátase da segunda semana desde o cambio de criterio da Administración autonómica á hora de facilitar os datos de casos activos en residencia. Desde entón, só se informa de positivos por áreas sanitarias, non desglosados por centro, patrón que a Consellería de Política Social seguira desde o inicio da pandemia.

 

Así as cousas, a Xunta informou este mércores dun total de 645 casos activos en centros residenciais, 268 deles no distrito sanitario da Coruña e Cee, que suma 87 positivos máis que hai sete días.

Os casos na área coruñesa dobran o número de positivos notificados nos seguintes distritos con máis positivos esta semana, o de Lugo, A Mariña e Monforte (116, sete máis que hai sete días) e Ourense, Verín e O Barco (114, 52 menos).

Tras estas, a área de Vigo ten 60 casos (21 menos que sete días atrás), a de Santiago e Barbanza, 52 (+14); a de Pontevedra e O Salnés suma 29, catro menos que no último balance ofrecido polas autoridades sanitarias. Para rematar, a área de Ferrol conta unicamente seis positivos polos 38 de hai sete días.

DENUNCIAN BROTES "OCULTOS". Precisamente na área sanitaria de Pontevedra atópase a residencia DomusVi Ribadumia, onde, segundo denunciaron colectivos como Vellez Digna ou a Asociación de Traballadores de Residencias de Galicia (Trega), producíronse "brotes" que foron ocultados.

Aseguran que neste centro e noutros da mesma compañía as probas diagnósticas "só realízanse a persoas sintomáticas", tanto en usuarios como en traballadores do centro, que, din, comparten espazos das instalacións con persoas positivas en covid-19.

Xa que logo, sosteñen que a residencia DomusVi de Ribadumia viviu un brote de covid-19 que fixo que "practicamente todos os usuarios" pasen a enfermidade no último mes.

Fontes da Consellería de Política Social consultadas por Europa Press aseguraron este mércores que o centro en cuestión ten nestes momentos un único caso positivo por covid. Hai sete días, segundo estas mesmas fontes, o número de infectados ascendía a 11.

Comentarios