Deteñen dúas persoas relacionadas co tiroteo rexistrado en Vilanova

Un vídeo gravado por un veciño foi clave para identificalos
Guardia Civil. EUROPA PRESS
photo_camera Garda Civil. EUROPA PRESS

Coas imaxes dun vídeo gravado por un veciño desde a fiestra do seu piso, para a Garda Civil resultou unha tarefa moi sinxela identificar aos protagonistas dun incidente rexistrado a última hora do pasado domingo en Vilanova de Arousa os vehículos de ambos.

E tal como parecía previsible, os dous foron arrestados na mañá deste martes. A portavoz da Garda Civil non confirma que sexan os mesmos que se enfrontaron no Paseo Marítimo e, polo tanto, tampouco que un deles fose o autor do tiroteo a unha vivenda situada en Vista Real pouco despois do incidente. Ambos están a ser investigados e o asunto foi declarado secreto, indicou.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN. Son varias as liñas de investigación abertas coa finalidade de esclarecer os antecedentes dun encontrón que comezou pasadas as 22.30 horas do día 28, cando un dos implicados estacionou o seu vehículo no Paseo Marítimo para dirixirse a outro home, ao que lle reclamou diñeiro.

Ambos estaban acompañados por dúas mulleres e das palabras pasaron aos berros, as puñadas e as patadas, antes de que fosen separados por outras persoas.

Boa parte dos baixos do paseo están ocupados por cafeterías, que pecharan pouco antes, atendendo o toque de queda, a circulación de vehículos era escasa e no vídeo quedou gravada unha frase que posiblemente sexa a clave para descifrar este suceso: "os meus cartos", ouviuse.

Os comentarios que se escoitaron entre varios veciños de Vilanova de Arousa apuntan na dirección de que a persoa que descendeu do vehículo e participou na refrega non vive nesta localidade.