Detido un home en Sanxenxo cunha plantación de marihuana

As plantas presentaban unha elevada frondosidade

Plantas de marihuana incautadas en Sanxenxo. DP
photo_camera Plantas de marihuana incautadas en Sanxenxo. DP

A Garda Civil detivo a un home en Sanxenxo, en Pontevedra, por unha plantación de marihuana. Atribúeselle un delito contra a saúde pública.

Un veciño de Noalla tiña as plantas nunha leira contigua á súa vivenda.

Fóronlle incautadas nove plantas en fase de crecemento que presentaban moita frondosidade.

A LARACHA. A Garda Civil tamén detivo na Laracha a outro home que tiña marihuana nun hórreo.

Grazas ao traballo dos axentes, localizouse nunha zona de difícil acceso un invernadoiro ao que só se podía acceder entre a maleza e a gatiñas por un buraco tipo tobo.

Unha vez no interior, foron localizadas 10 plantas de marihuana que, sumadas a 500 gramos de cogollos que se puideron atopar en proceso de secado dentro do hórreo, alcanzou un peso de 40,35 quilos.