Detido un veciño de Vilagarcía polo roubo dun motor foraborda en Vilanova

A peza, valorada nuns 12.000 euros atopabase en posesión doutro veciño de vilanova, que está a ser investigado por un delito de receptación
La ría de Arousa, en Vilanova. FREIRE
photo_camera A ría de Arousa, en Vilanova. FREIRE

A Garda Civil detivo a un veciño de Vilagarcía de Arousa de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas do motor foraborda dunha embarcación na localidade pontevedresa de Vilanova.

Ademais, informou o Instituto Armado nun comunicado de prensa, investígase a outra persona como presunto autor dun delito de receptación pola compra do motor subtraído.

Os feitos sucederon o pasado mes de maio de 2019, cando o individuo agora detido supostamente subtraeu un motor Yamaha valorado en 12.000 euros do interior dun recinto pechado nunha empresa situada en Vilanova de Arousa.

As pescudas levabas a cabo no marco da operación Hélice polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Posto da mesma localidade, relataron as mesmas fontes, "permitiron, meses despois da súa subtracción, dar co paradoiro do motor foraborda". 

O motor atopábase en poder doutro veciño de Vilanova de Arousa, de 49 anos de idade, que resultou investigado como presunto autor dun delito de receptación, ao comprar o material "sen ningún tipo de documentación", puntualizaron as mesmas fontes.

As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Vilagarcía de Arousa. Mentres, o detido quedou en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido.