Devolven ao mar no Grove a unha tartaruga enferma pola inxesta de plástico

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, supervisou esta mañá o protocolo de liberación deste exemplar mariño
 A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Do Campo, supervisará o dispositivo para a solta dunha tartaruga
photo_camera O exemplar de tartaruga. PEPE FERRÍN

Un exemplar de tartaruga mariña que apareceu varada o pasado maio na praia de Abanqueiro, en Boiro, e que estaba enferma pola inxesta de plástico mariño foi devolta hoxe ao seu hábitat no Grove tras completar o proceso de recuperación.

A tartaruga, unha especie común Caretta Caretta bautizada como 'Abanqueiro', polo lugar onde apareceu, ingresou no Cemma, a coordinadora para o estudo de mamíferos mariños, onde recibiu os coidados e tratamentos.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, supervisou esta mañá o protocolo de liberación deste exemplar mariño, que volveu xa ao Atlántico para retornar ás augas do Caribe.

Tras o seu ingreso, os técnicos do Cemma facilitaron todos os coidados oportunos para recuperar a tartaruga, que mostrou melloría no seu estado logo de expulsar material plástico que causaba unha obstrución parcial no seu sistema dixestivo. 

Tal e como explicou Belén do Campo, a detección diagnóstica de plásticos é moi dificultosa porque nos métodos clínicos non invasivos, como as radiografías que se realizan rutinariamente na exploración dos exemplares ingresados, non son detectados.

Lanzou unha mensaxe contra a proliferación de residuos plásticos no, porque ademais de ser "un foco de contaminación" poden provocar a morte ou ferir a aves e mamíferos que habitan na costa galega. 

Comentarios