A Deputación promocionará a provincia en Fitur coa lema 'Fame de experiencias'

Silva estivo acompañada na presentación da campaña polo prestixioso cociñeiro Pepe Solla

Carmela Silva en la celebración de la Mesa Provincial de Turismo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Carmela Silva na celebración da Mesa Provincial de Turismo. GONZALO GARCÍA

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou este mércores na súa presentación que a entidade aposta "por un destino Pontevedra provincia multiexperiencial, apostando polo territorio, o patrimonio cultural e as persoas que hai detrás da gastronomía". 

Carmela Silva estivo acompañada na presentación da campaña polo prestixioso cociñeiro Pepe Solla, que falou do vídeo promocional no que aparecen "non intérpretes, senón produtoras e produtores, a xente real que normalmente non se ve polo que se fala "da cadea real de valor, da sustentabilidade". "Esta xente é quen nos diferencia do resto", subliñou. 

A Deputación anima a visitar as Rías Baixas propondo experiencias "nun territorio cunha gastronomía de calidade, con innovación e tradición, representando a toda a provincia: abarca a todos os concellos e sectores e á cidadanía", sinalou a presidenta. 

"A enogastronomía está asociada a Pontevedra e o emoturismo (turismo de emocións), é un gran movilizador", explicou Carmela Silva. Ademais, o que se busca é "avanzar na desestacionalización" con fortalezas como os "produtos de tempada, mellora dos voos, cultura e termalismo". 

Segundo avanzou Silva, a campaña será moi comercial e estará dispoñible en galego, castelán e inglés. Fitur será o punto de partida. Logo desta feira desenvolveranse as seguintes accións de promoción como as de mercadotecnia directa, presentando o destino "interna e externamente", con especial incidencia nas localidades onde hai voos directos e desenvolvendo "unha gran campaña online e offline". 

Comentarios