Durán está disposto a chegar a Estrasburgo para defender o seu "chacha para todo" a Silva

Sostén que o seu comentario está amparado polo dereito de liberdade de expresión ►  O PSdeG pide ao PPDEG que aparte ao rexido de Vilanova por machista
Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova. ARCHIVO
photo_camera Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova. ARCHIVO

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, asegurou que está disposto a chegar ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos despois de que a Audiencia de Pontevedra desestimase o seu recurso a condena polas súas manifestacións contra a presidenta da Deputación , Carmela Silva, por referirse a ela como "chacha para todo do ancián alcalde de Vigo".

Durán sostén que a liberdade de expresión é un dercho recollido na Constitución, polo que, no caso de que o Tribunal Consititucional non ampare o seu recurso, asegurou que recorrerá ao Tribunal de Estrasburgo para defender a súa causa.

O PSdeG PIDE QUE SE LLE APARTE POR MACHISTA. O secretario do PSdeG-PSOE de Pontevedra, David Regades, afirmou este sábado que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, non pode seguir gobernando "nin un día máis" co carné do Partido Popular tras ser condenado por insultar a unha rival política con "lamentables expresións machistas polo feito de ser muller".

"Os insultos machistas, sexistas, ofensivos e vexatorios de Durán son xa feitos probados e, como determinou o tribunal, nada teñen que ver coa liberdade de expresión, senón cun intolerable ataque persoal contra Carmela Silva pola súa condición de muller", denunciou Regades tras asistir ao Congreso Federal do PSOE en Valencia.

O líder dos socialistas pontevedreses criticou "o silencio" do presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen pediu que cese de xeito inmediato ao rexedor de Vilanova.

"Cada día que pasa e Feijóo permite que Gonzalo Durán continúe gobernando co carné do Partido Popular mancha un pouco máis esas siglas. O PP non pode dar acubillo a un señor condenado por machismo", reiterou.

Neste sentido, lamentou que unha forza democrática e de goberno como o Partido Popular debería manifestar "tolerancia cero" con este tipo de comportamentos.

"Feijóo debería apartar ao aínda alcalde de Vilanova cando proferiu eses insultos. Tivo unha segunda oportunidade coa sentenza de primeira instancia e agora chégalle un auténtico ultimato coa sentenza firme, que non só confirma a primeira, senón que é aínda máis dura", aseverou Regades.

Comentarios