Enfróntase a catro anos de cárcere por partir a mandíbula a un home

Así mesmo, o Minsiterio Público solicita o pago dunha indemnización de máis de 20.000 euros á vítima
Edificio de la Audiencia Provincial de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera Edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá esta semana o xuízo contra un individuo acusado dun delito de lesións, logo de empuxar, primeiro, e agredir, despois, de forma brutal, a un mozo, en feitos ocorridos no interior dun pub de Vilagarcía de Arousa en 2018.

Como consecuencia dos golpes sufridos, a vítima sufriu, entre outras lesións, a fractura da mandíbula e de varios dentes. Por iso, o Ministerio Público pide para o acusado unha pena de catro anos e medio de cárcere e indemnizacións de máis de 22.000 euros para o mozo que resultou agredido.

Comentarios