A Escola de Verán recupera as cifras de asistencia dos anos pre-pandemia

Estas actividades, pensadas para a axuda da conciliación familiar e consideradas como unha ferramenta necesaria para a vida en sociedade, educan en valores ás futuras xeracións mediante distintas temáticas
undefined
photo_camera Unha das actividades realizadas na Escola de Verán. CEDIDA

O Concello de Ribadumia valora positivamente a acollida que tivo a Escola de Verán que este 2021 conseguiu recuperar as cifras de asistencia dos anos anteriores á pandemia. Estas actividades, pensadas para a axuda da conciliación familiar e consideradas como unha ferramenta necesaria para a vida en sociedade, educan en valores ás futuras xeracións mediante distintas temáticas.

Este ano, as actividades foron agrupadas en varios bloques adicados á ilustración (con actividades de creación de prensa, contos ou cómics), ó teatro (coa creación de títeres marionetas e interpretacións teatrais), ó medio ambiente e recuperación do entorno (con actividades para combater a avespa asiática, mantemento e limpeza da contorna e obradoiros de reciclaxe con saídas externas) e ás olimpíadas (a través de xogos e competicións).

Ademais, coincidindo co inicio da Escola de Verán e coa celebración da Semana da Diversidade, tamén se realizaron nas últimas datas de xuño obradoiros de respecto á diversidade sexual.

Os participantes desenvolveron xogos e actividades que, de xeito educativo, creativo e lúdico, contribúen ó espertar dos valores, á estimulación da curiosidade e á creatividade e ó respecto na convivencia e no medio natural. Ademais, para combater a calor gozaron de dous días á semana na piscina municipal e tiveron actividades grupais ó aire libre.

Comentarios