Falece a menor ferida grave ao chocar un coche e un bus escolar en Vilanova

A nai e outro menor tamén resultaron feridos

El accidente ocurrido en Vilanova entre un coche y un autobús escolar. TVG
photo_camera El accidente ocurrido en Vilanova entre un coche y un autobús escolar. TVG

A nena de tres anos evacuada en helicóptero tras un accidente de tráfico este luns pola mañá en Vilanova de Arousa faleceu pola tarde debido á gravidade das súas feridas.

O pleno da corporación de Vilanova de Arousa que se celebrou na tarde deste luns gardou un minuto de silencio pola morte da pequena, de iniciais D.L.N., neta dun coñecido empresario da localidade.

A menor viaxaba coa súa nai nun turismo que chocou contra a parte traseira dun autobús escolar do colexio Salesianos de Cambados, no que viaxaban 10 escolares.

A nena foi trasladada en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela onde os médicos non puideron salvar a súa vida.

A nai da pequena, de 26 anos, tamén tivo que ser evacuada en ambulancia ao Hospital do Salnés.

O accidente, produciuse sobre as 09.00 horas, a consecuencia dunha colisión previa entre outros dous turismos na parroquia de Deiro, na PO-307 e no que non houbo que lamentar danos persoais.

Os servizos sanitarios de urxencia do 061 confirmaron que un dos escolares que viaxaba no autobús tamén resultou ferido e foi levado ao Hospital do Salnés. Posteriormente, outro autobús recolleu aos demais escolares para continuar a súa ruta ao centro escolar.

A Garda Civil de Tráfico instrúe dilixencias polos feitos. Ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros de Vilagarcía.