miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Evacuadas tres persoas tras resultar feridas nunha colisión múltiple na Illa

Los vehículos accidentados. EMERXENCIAS CAMBADOS
Os vehículos accidentados. EMERXENCIAS CAMBADOS
A colisión entre tres vehículos produciuse na rúa do Cabodeiro

Un total de tres persoas foron evacuadas a un centro médico tras resultar feridas nunha colisión entre tres vehículos na Illa de Arousa.

Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na rúa do Cabodeiro sobre as 16.50 horas deste xoves, cando unha persoa particular contactou co centro de atención ás urxencias para alertar dun sinistro no que se viron implicados tres vehículos. 

A condutora do Seat A.L.S. de 21 anos é derivada ao Hospital do Salnés con dor cervical e a torácico polo 061. O condutor do Renault A.I.C.47 anos e a ocupante traseira R.I.M. de 10 anos tamén son traslados ao Hospital do Salnes pola Ambulancia Medicalizada do 061.

Deste xeito, os xestores do CIAE 112 Galicia trasladaron o ocorrido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros de Vilagarcía.

Este operativo tamén contou con colaboración de efectivos de Protección Civil da localidade e de Cambados. Posteriormente, as tres persoas implicadas no sinistro foron trasladadas polos servizos sanitarios a un centro médico. 

ACCIDENTE EN LUGO. Por outra banda, unha persoa resultou ferida este xoves despois de que o turismo no que circulaba atravesase a mediana da A-6 e envorcase á altura do punto quilométrico 503, en Outeiro de Rei.

Ao redor das 16.30 horas deste xoves, varios particulares trasladaron o ocorrido ao 112 Galicia. Ademais, testemuñas do accidente detallaron que o vehículo circulaba en sentido A Coruña e terminou nun carril da autovía en dirección a Madrid. 

Así, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Vilalba e a Garda Civil de Tráfico. 

Evacuadas tres persoas tras resultar feridas nunha colisión...
comentarios
ç