Evacuados unha nai e o seu bebé con síntomas de intoxicación tras un incendio en Meaño

O suceso produciuse a última hora deste venres na cociña da vivenda debido a un aparello doméstico que comezou a arder
Ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Unha nai e o seu bebé foron evacuados con síntomas de intoxicación por inhalación de fume debido a un pequeno incendio na súa vivenda en Meaño.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse a última hora da tarde deste venres na cociña da vivenda debido a un aparello doméstico que comezou a arder.

O intenso fume provocou a intoxicación da nai e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ata o lugar, un domicilio situado na rúa da Chanca, en Meaño, tamén se desprazaron os membros do GES de Sanxenxo e os Bombeiros do Salnés, quen tras comprobar que o aparello estaba apagado realizaron as correspondentes medicións para comprobar a calidade do aire e descartar posibles fugas.

Este operativo activouse ás 20:00 horas de onte tras recibir o 112 Galicia a chamada dun veciño que cun extintor tratou de sufocar as chamas.