miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

Morre o empresario Ignacio Charlín Fuentes, administrador e fundador de Serga

Ignacio Charlín. ARQUIVO
Ignacio Charlín. ARQUIVO
Será incinerado este domingo ás 13.00 horas no crematorio de San Marcos

O concello de Sanxenxo despide o seu veciño Ignacio Charlín Fuentes, coñecido por fundar e xestionar durante gran parte da súa vida a empresa Serga Xestión Integral de Comunidades, fundada en 1987 no municipio.

Charlín Fuentes falecía este sábado aos 59 anos de idade por mor dunha enfermidade, xerando gran pesar entre os seus familiares, amigos e veciños, pois era moi querido e coñecido debido a súa vinculación co mundo do deporte.

Ademais de dedicarse nos últimos anos á empresa Serga, o sanxenxino tamén tivo un gran papel na posta en marcha das empresas Quencher Solutions e Gallaecia Sport Bar, das que foi socio. Charlín Fuentes cursou o grao en Administración de Empresas na Uned e formouse como perito xudicial na Universidade da Coruña e como especialista en arrendamentos urbanos na Universidade de Santiago de Compostela.

Os seus seres queridos poderán despedirse este luns ás 18.00 horas no funeral que se celebrará no Templo Nuevo de Sanxenxo. Será incinerado este domingo ás 13.00 horas no crematorio de San Marcos.

Morre o empresario Ignacio Charlín Fuentes, administrador e...
comentarios