Falece Faustino Laya, edil vilagarciá da primeira corporación da democracia

Foi un dos primeiros militantes do Partido Socialista na vila e formou parte do primeiro goberno elixido tras o franquismo
Faustino Laya. ADP
photo_camera Faustino Laya. ADP

O Concello chora o pasamento de Faustino Laya, membro da primeira Corporación Municipal da democracia e concelleiro do Goberno presidido por José Recuna Villaverde. O histórico militante socialista e pai da actual concelleira de Sanidade, Matilde Laya, faleceu no mediodía deste xoves, deixando un profundo pesar no executivo local, que traslada o seu sentir á familia, amigos e achegados "dun home entregado ao servizo público dende a acción política, a sindical e o movemento veciñal".

Laya Torreiro foi un dos primeiros militantes do Partido Socialista en Vilagarcía. Ademais de formar parte do primeiro goberno elixido nas urnas tras o franquismo, tamén desempeñou unha intensa acción sindical en UXT, chegando a ser o secretario comarcal en Arousa. Todas estas labores estiveron compatibilizadas co activismo veciñal ao fronte da asociación de Trabanca Badiña, a parroquia na que residía, formando parte tamén do Consello local da terceira Idade.

Comentarios