Falece unha persoa atrapada por un motocultor en Meis

O suceso tivo lugar ao fío das catro e cuarto na parroquia de San Lourenzo de Nogueira
La víctima quedó atrapada por el motocultor. TVG
photo_camera Unha ambulancia. AEP

Unha persoa perdeu a vida este xoves en Meis logo de quedar atrapada entre o motocultor que manexaba e unha rama nunha leira situada no lugar de Rialdonio.

O suceso tivo lugar ao fío das catro e cuarto na parroquia de San Lourenzo de Nogueira. Nese momento, varias persoas particulares alertaron dos feitos ao 112 Galicia.

Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa accidentada. Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Meis e dos axentes da Garda Civil.