lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

Feijóo: "Se hai un partido que insulta e difama é o PSdeG en Pontevedra"

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. LAVANADEIRA JR. (EFE)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. LAVANADEIRA JR. (EFE)
O líder do PPdeG responde así tras a recente condena ao alcalde de Vilanova por difamar a Carmela Silva

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este mércores que se hai un partido que de forma "constante e continua insulta, falta ao respecto e difama" aos militante do PPdeG e a el mesmo "son os dirixentes do PSdeG en Pontevedra e Vigo". 

Núñez Feijóo replicou deste xeito á recente condena ao alcalde de Vilanova Gonzalo Durán, do PPdeG, por chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación de Pontevedra e cuestionou sobre a posibilidade de sancións disciplinarias no seu partido contra o rexedor arousán.

Segundo o líder do PPdeG, o alcalde recorreu a sanción por unhas expresións que el no seu momento xa considerou que non eran "correctas". "Iso é todo, veremos en que queda o recurso", declarou. 

"Se o PPdeG tivese que expedientar a calquera político na provincia de Pontevedra por expresións contra os seus adversarios políticos o PSdeG en Pontevedra probablemente quedaría sen responsables políticos" nesa provincia, engadiu. "Remítome ás hemerotecas (...) Non creo que o PSdeG se queira quedar sen os seus principais militantes na provincia de Pontevedra", concluíu.

Feijóo: "Se hai un partido que insulta e difama é o PSdeG en...
ç