Ferida unha muller ao caer por un terraplén na Ruta da Pedra e da Auga

quedou atrapada nunha zona de difícil acceso en Meis

Unha muller resultou ferida na tarde do domingo ao caer por un terraplén na Ruta da Pedra e da Auga, no municipio pontevedrés de Meis.

Para coñecer a súa posición e que fose atendida, un compañeiro da muller que resultou ferida enviou a súa localización ao 112 Galicia través da aplicación WhatsApp.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu preto das 18,50 horas. Así, solicitouse a intervención do 061, axentes da Garda Civil e Bombeiros de Ribadumia, que se desprazaron ata o lugar para rescatar á muller. Unha vez liberada e accesible, foi finalmente trasladada nunha ambulancia a un centro médico.