jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Ferida unha muller tras chocar un coche contra un hórreo en Sanxenxo

O coche accidentado tras chocar contra un hórreo en Adina. EMERXENCIAS SANXENXO
O coche accidentado tras chocar contra un hórreo en Adina. EMERXENCIAS SANXENXO
O condutor e outra ocupante resultaron ilesos

O Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo atendeu este luns de madrugada aos tres ocupantes dun turismo que se saíu da vía e chocou cun hórreo na parroquia de Adina. 

Fontes municipais indicaron que, a pesar da aparatosidade do accidente só unha muller, ocupante do asento traseiro, resultou ferida o sinistro e foi trasladada a un hospital. O condutor e a outra ocupante saíron ilesos. 

O sinistro produciuse sobre as seis da mañá cando o coche circulaba nas inmediacións do Hotel Peregrina, na EP-9206. O turismo embestiu o hórreo antes de envorcar nunha zona de desnivel, na marxe dereita do viario.

Ferida unha muller tras chocar un coche contra un hórreo en Sanxenxo