viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Ferida unha moza nun accidente de tráfico na ponte da Illa de Arousa

Vehículo sinistrado na ponte da Illa de Arousa. CEDIDA
Vehículo sinistrado na ponte da Illa de Arousa. CEDIDA
O vehículo que conducía a moza, de 18 anos, chocou contra as barreiras protectoras

Unha moza de 18 anos resultou ferida na tarde deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado na ponte da Illa de Arousa. O vehículo que conducía saíuse da vía e chocou contra as barreiras protectoras da ponte. 

A moza tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés para tratar as súas feridas e un carril da ponte foi cortado ao tráfico, o que provocou retencións.

Tamén este mércores, produciuse en Ribadumia unha colisión contra un poste a consecuencia dunha saída de vía na que non houbo que lamentar feridos. O sinistro tivo lugar pasadas as 14.50 horas na EP-9501 e ata alí desprazáronse efectivos de Protección Civil de Cambados.

Ferida unha moza nun accidente de tráfico na ponte da Illa de Arousa