Un ferido na colisión de tres coches en Vilagarcía

O lesionado foi trasladado a un centro sanitario

Un choque no que se viron implicados tres turismos este martes en Vilagarcía de Arousa saldouse cunha persoa ferida que foi trasladada a un centro sanitario. 

Atendendo á información da central do 112, o sinistro ocorreu na estrada de Carril sobre as 11.00 horas. Foi unha persoa particular quen contactou co 112 para alertar do accidente. 

A partir de aí, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros do Salnés e do servizo de Protección Civil e Urxencias de Vilagarcía.