Miércoles. 19.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 19.06.2019
El tiempo

Ferido en Ribadumia tras chocar cun farol e incendiarse o seu coche

Diario de Pontevedra Última hora
Diario de Pontevedra Última hora

O home foi evacuado ao Hospital do Salnés

O condutor dun vehículo que se estrelou contra un farol en Ribadumia este domingo de madrugada foi evacuado en ambulancia ao Hospital do Salnés.

O accidente ocorreu ás 1.45 horas e, tras a colisión co farol, o vehículo comezou a arder. O 112 informou a 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a membros de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, unha persoa resultou ferida de gravidade nun accidente rexistrado en Cuntis este sábado. Dous coches víronse involucrados no sinistro, ocorrido no lugar de Campos.

Ferido en Ribadumia tras chocar cun farol e incendiarse o seu coche