Ferido grave un operario que caeu desde unha altura en Sanxenxo

O traballador foi evacuado en helicóptero tras o accidente

Un operario tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado en estado grave por mor dunha caída de altura en Sanxenxo, informa o 112.

O 112 Galicia recibiu ás 16.30 horas a chamada dun particular alertando da caída dun albanel cando traballaba nunha obra no lugar de Ares.

Ao lugar do accidente tamén acudiron os membros do GES de Sanxenxo e os axentes da Policía Local.